Obradoiros: NOVAS TENDENCIAS DO PENSAMENTO CONTEMPORÁNEO


Obradoiros de Pensamento Contemporáneo.
Organiza: Proxecto Derriba e Universidade Invisíbel.
Entrada: gratuita.

Máis info: http://www.invisibel.net | http://proxectoderriba.org/pensamento_contemporaneo.html

Xoves 11 de febreiro. Francisco Conde: "Ulrich Beck. Cosmopolitismo vs. globalización"

Xoves 25 de febreiro. Brais Arribas: "Outro xeito de ser, o pensamento de Gianni Vattimo".

Xoves 11 de marzo. Álvaro Otero e Abrahám Rubín: "Toni Negri, da revolta italiana á potencia da multitude".

Xoves 25 de marzo. Abrahám Rubín: ·Fredric Jameson, entre postmodernidade e utopía".

Xoves 8 de abril. Delmiro Rocha: "Deconstrucións, unha volta a Jacques Derrida".

Xoves22 de abril. Beatriz Blanco: "Judith Butler, alén do xénero".

Co obxectivo de avanzar na forxa dunha linguaxe e un vocabulario específico en galego que se faga cargo da problemática filosófico-política contemporánea proponse un obradoiro de pensamento sobre autores contemporáneos dirixidos tanto ao público universitario en xeral como a afeccionados á contemporaneidade das ciencias sociais, a filosofía ou a psicanálise. O obradoiro elabórano os investigadores/as do colectivo Proxecto Derriba tratando de que a precisión técnica e contemporaneidade non sexan un impedimento para o seu carácter pedagóxico.

Comentarios